Festival Vibracional TPS

Despois dos dous concertos da pasada fin de semana (o segundo, e polo que contaron o mellor dos dous, tiven que perdelo polo traballo) comeza esta semana o Festival Vibracional TPS. O Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro, que tamén está detras da orquestra O.M.E.Ga e das sesións vibracionais que se viñan celebrando ata o de agora na sala Nasa organiza un festival de música improvisada en Santiago. Durante un total de catro días, do xoves 4 ao domingo 7, haberá un total de seis concertos de diversos artistas internacionais e galegos. Entre os primeiros cabe destacar a Klaus Filip, Margarida García, Ferrán Fages e Alfredo Costa Monteiro; e entre os segundos a Pablo Rega e a mentada O.M.E.Ga que tocarán no peche do festival.
Aínda que vexo probable non poder acudir a todos os concertos aos que querería ir (se podo ir a algún), a programación ten propostas verdadeiramente interesantes. E ademais, é o primeiro (?!!) festival de improvisación que se celebra en Galicia.
Algo máis de información na axenda cultural do concello Compostelán.
If you enjoyed this post, make sure you subscribe to the RSS feed!
